Asociación Musical Costa da Morte
Presentación oficial da Asociación Musical Costa da Morte o sábado 7 de febreiro no Casino de Carballo A Asociación Musical Costa da Morte terá a súa presentación oficial o vindeiro sábado 7 de febreiro de 2026, a partir das 19:00 horas, no Casino de Carballo (Rúa Vázquez de Parga, 1). O acto inclúe un coloquio aberto, intervencións de representantes e un pequeno encontro musical con actuacións en directo de varios membros da entidade, dirixido a músicos, entidades culturais e público afeccionado da comarca. A nova asociación nace co obxectivo de promover a música e as actividades culturais na Costa da Morte, unha zona con rica tradición musical pero que precisa de maior coordinación entre bandas, solistas, agrupacións locais, e demais axentes relacionados co panorama musical da zona. O acto servirá para presentar os plans iniciais de actividade da asociación, segundo os obxectivos recollidos nos seus estatutos. O acto é aberto, con entrada libre ata completar aforo. Para máis informac...